jueves, 7 de noviembre de 2013

Polo San Martiño...peóns ao camiño

Buxainas, trompos, bailaretes ou peóns, estas son só algunhas das maneiras que temos de chamarlle a un pequeno trebelliño que forma parte da nosa cultura lúdica e material. Temos moitas formas de nomealo, e en case calquera idioma podemos encontrar unha tradución para este termo. Isto ten que significar algo, verdade? A pouco que se indague na historia da buxaina, podemos decatarnos de que estamos diante dun xoguete que leva facendo as delicias dos mais pequeniños dende que o ser humano aparece na escena do noso planeta. Imos facer unha viaxe no tempo para achegarnos á prehistoria, alí atopáronse os primeiros indicios arqueolóxicos da existencia do peón. Dende aí podemos viaxar a Exipto, a China, á antiga Grecia ou ao Imperio Romano, e seguiríamos a ver a nenos e nenas de todas idades e cores bailando unha buxaina. ( MANIFESTO IX DÍA DO PEÓN 2013 ).
Nestes documentos atoparás máis información.

No hay comentarios:

Publicar un comentario