domingo, 8 de diciembre de 2013

O Nadal no continente asiático

A parte oriental de Asia componse principalmente de Chinesa, Xapón, Corea do Norte, Corea do Sur e Vietnam.Os cristiáns nestas rexións celebran o 25 de decembro iluminando as súas casas con fermosas lanternas de papel e decoran as súas árbores de Nadal, que eles chaman "As árbores da Luz", con cadeas, flores e farolillos de papel.
Os nenos chineses colgan calcetíns de muselina e esperan a visita de Santa Claus, a quen chaman Dun Che Lao Ren (Dwyn-Chuh-lau-oh-run) que significa "home vello de Nadal."
En Xapón uno dos adornos máis populares é o cisne do origami.

jueves, 7 de noviembre de 2013

Polo San Martiño...peóns ao camiño

Buxainas, trompos, bailaretes ou peóns, estas son só algunhas das maneiras que temos de chamarlle a un pequeno trebelliño que forma parte da nosa cultura lúdica e material. Temos moitas formas de nomealo, e en case calquera idioma podemos encontrar unha tradución para este termo. Isto ten que significar algo, verdade? A pouco que se indague na historia da buxaina, podemos decatarnos de que estamos diante dun xoguete que leva facendo as delicias dos mais pequeniños dende que o ser humano aparece na escena do noso planeta. Imos facer unha viaxe no tempo para achegarnos á prehistoria, alí atopáronse os primeiros indicios arqueolóxicos da existencia do peón. Dende aí podemos viaxar a Exipto, a China, á antiga Grecia ou ao Imperio Romano, e seguiríamos a ver a nenos e nenas de todas idades e cores bailando unha buxaina. ( MANIFESTO IX DÍA DO PEÓN 2013 ).
Nestes documentos atoparás máis información.

lunes, 30 de septiembre de 2013

Comezamos?...

Este blog pretende ser un lugar de encontro, de recopilación, de descubrimento... sobre o continente asiático, o continente máis extenso e poboado da Terra.
Aquí subiremos os traballos que realicemos, as propostas de estudo, de investigación, xogos, itinerarios de búsqueda de información...
Agora só nos queda...VIAXAR!